A Xunta reduce a súa participación no MARCO, que modifica os estatutos para que entre o Ministerio

As contas do MARCO

21/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O padroado do MARCO reuníase onte para aprobar o orzamento e a programación para o 2006. Pero non fixo nin unha cousa nin outra. A polémica volveu ao MARCO logo de que a Xunta anunciase a reducción do seu investimento de 300.000 a 200.000 euros. Unha diminución que poderá cubrir a entrada do Ministerio de Cultura, logo de que mudaran os estatutos do museo para permitir a súa incorporación e que achegará 150.000 euros desde xaneiro. Ademais, na xuntanza aprobouse a entrada de Agar Ledo como responsable do Departamento de colección e Exposicións Temporais do centro, en substitución de Iñaki Martínez Antelo, agora director do MARCO.

Máis información en La Voz de Galicia, no web do MARCO e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agar Ledo, Iñaki Martínez Antelo, Exposicións, Ministerio de Cultura...