O vangardismo europeo a exposición no Tryp María Pita de A Coruña

Tryp de vangarda

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O hotel coruñés Tryp María Pita acaba de sumarse ás diferentes exposicións vangardistas que se celebran estes días na cidade de A Coruña. E faino achegando a obra de Adão Cruz, André Welch, João Alexandre e Joaquim Balsa ata o vindeiro 6 de xaneiro.


Exposición


Expoñer a visión da arte moderna a través das propias creacións é o obxectivo que está desenvolvendo o hotel Tryp María Pita de A Coruña. Un feito que xustifica a exposición que se exhibe ata o próximo día 6 se xaneiro no propio hotel. Unha exposición colectiva que conta con catro artistas de fama internacional Adão Cruz, André Welch, João Alexandre e Joaquim Balsa.




Artistas

Os catro artistas que forman parte da mostra gozan de certa andaina dentro do mundo da pintura vangardista. Adão Cruz, portugués, mestura na súa obra poesía, prosa poética e a pintura. Pola súa banda, a cor e as formas simplificadas fan en André Welch un artista en "tres dimensións" que xa participou en numerosas exposicións individuais e colectivas. Comparten exposición con eles João Alexandre, un dos pintores máis coñecidos en Portugal e Joaquim Balsa, unha promesa da nosa vangarda que pouco a pouco se consolida.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Exposicións, Portugués, Poesía...