A obra da vangarda rusa chega hoxe ó coruñés quiosco Alfonso

Abstraccións sen obxecto

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Abstraccionismo, suprematismo e raionismo, diferentes movementos da vangarda rusa danse cita a partires de hoxe na Coruña. A mostra "Sen obxecto" recolle unha escolma de obras vangardistas de autores que desenvolveron a súa obra entre 1910 e 1930.


Mostra

Kandinsky, Malevich e Larionov son os reclamos principais da mostra "Sen obxecto" que hoxe se inaugura no quiosco Afonso. Un total de 30 obras compoñen a mostra que procede na súa maior parte do Museo Estatal Ruso de San Peterburgo. A exposición promovida por Caixanova chega a A Coruña logo de estar en Vigo e en Pontevedra.




Mosaico vangardista

O abstraccionismo, o suprematismo e o raionismo son algunhas das correntes das vangardas rusas que se poden apreciar no Quiosco Alfonso da Coruña. Así, xunto cos representantes deste movemento, Kandinski, Malevich e Larionov aparecen figuras como Rodchenko, Klium, Lebedev. A chamada pintura sen obxecto que apareceu en Rusia a partires de 1910 supuxo un referente dentro da arte vangardista en Europa que rachou cos movementos realistas en boga naquel momento.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Xoguetes efémeros

Xoguetes efémeros

Unha mostra exhibe a evolución da industria do xoguete europea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Caixanova, Rusia, Pontevedra...