A Asociación Ippon organiza os VII Encontros de Cultura Xaponesa en Vigo para finalizar do ano

Fin de ano Manga

15/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
De novo Xapón chega a Vigo. A Asociación Ippon organiza a sétima edición dos seus Encontros de Cultura Xaponesa nos que, evidentemente, e canda a gastronomía, a caligrafía e outras cuestións haberá un grande espazo para o manga. Concursos sobre personaxes xaponesas de novena arte e mais de anime, proxección de filmes, certames de debuxo e outras actividades achegan o quiñón de BD a este evento, que se celebrará entre o 28 e o 30 de decembro na sede veciñal do Val do Fragoso. Lembramos tamén que por estas datas tamén se celebrarán os obradoiros de manga que organiza o Marco na Cidade Olívica.

Máis información no web da Asociación e no xornal da Universidade de Vigo; máis sobre os obradoiros do MARCO nesta nova

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Debuxo, Universidade de Vigo, Culturagalega...