O Salón do Manga de Vigo adía a súa primeira edición

Manga outro día

O I Salón do Manga de Vigo non se celebrará nas datas previstas (de 26 a 28 deste mes) dentro da feira Xuvenalia. A directora do evento, Carlota Quintana, confirmou a existencia de problemas organizativos e de financiamento e recoñeceu, cando menos, un aprazamento da cita, sen confirmar a súa futura celebración. Ao tempo, a Asociación Ippon anunciou que se desvincula do proxecto. No seu web, este colectivo reitera os problemas económicos e organizativos, que achacan á empresa que xestiona Xuvenalia, como causas para a súa renuncia.

Comunicado de Ippon no web da Asociación e nos nosos arquivos