Galiciae.com achega unha ampla ollada ao mundo da BD na web mentres hai novas sobre encontros manga

Redada: Webs e manga

4/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O xornal electrónico Galiciae.com, que se acaba de presentar, achega hoxe unha ampla reportaxe sobre banda deseñada e Internet. No texto poden verse unha selección dos autores e iniciativas do país e foráneas que aproveitan a rede para a creación e a divulgación. A maiores, “La Voz de Galicia” faise eco do Salón do Manga que a asociación Ippon organiza en Vigo entre o 26 e o 28 deste mes e do que xa achegamos cumprida información. Os seguidores deste xénero teñen outra cita o día quince no coruñés centro comercial Os Rosais, onde se celebrará unha festa Cosplay na que se premiarán os mellores disfraces. O evento rodarase para ser incluída na curtametraxe Cloc.

A reportaxe en Galiciae.com; o Salón Manga en La Voz de Galicia; a festa Cosplay no blog de Alita Cómics

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Vigo, Xénero, Banda deseñada...

Claves

Entidades
Lugares