O programa Cultura Aberta da Xunta de Galicia achega actividades a espazos coma cadeas, centros da terceira idade ou lonxas

Espazos inéditos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Actuacións de teatro, contacontos, música ou actividades de promoción da lectura son propostas culturais que se desenvolven habitualmente. O que xa non é tan normal é que estas iniciativas transcorran en cadeas, hospitais, centros da terceira idade ou lonxas. O programa Cultura Aberta da Consellaría de Cultura, que comeza hoxe, aposta por trasladar a estes espazos diferentes actividades culturais, cun bo feixe de propostas que se desenvolverán durante toda a temporada de Nadal. As lonxas de Lira, Muros, Fisterra, Corcubión, Corme, Laxe e Muxía, dezaoito residencias da terceira idade, as cadeas de Teixeiro e de Pereiro de Aguiar e o hospital Cristal Piñor de Ourense son algúns dos lugares que se inclúen no programa.

Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Xunta de Galicia, Teatro, Nadal...