Unha exposición pictórica recolle o mundo dramático de Valle-Inclán

Teatro no lenzo

Bocetos para a escenografía das obras, carteis e outras obras gráficas presentan desde onte o universo teatral de Valle-Inclán. A exposición, titulada "Valle Inclán nos teatros oficiais", permanecerá na Aula de Cultura de Caixa Galicia de Compostela ata o tres de decembro.

Artistas destacados



Os bocetos sobre os que se deseñou a escenografía e os personaxes das Comedias Bárbaras do autor galego conforman un dos pratos fortes da exposición. Na realización destes bocetos participaron artistas de grande renome na época, como Manuel Manpaso, un dos primeiros pintores abstractos do Estado. Onda a súa obra, figurines de Nieva e obras de Pedro Moreno, Emilio Burgos e Victorina Durán.












Carteis



Ademais de incluir bocetos para as obras, a exposición, organizada pola concellería de Cultura de Compostela, inclúe unha variada mostra de carteis que anunciaron as obras desde os anos sesenta ata os nosos días. A maior parte deles corresponden a estreas en teatros madrileños, e neles aparecen retratados os principais personaxes das obras.











Inauguración


A inauguración da exposición, que se celebrou onte, correu a cargo da concelleira de Cultura, Teresa García-Sabell. García-Sabell sinalou que as obras recollen o mundo creado polo esperpento, "reaccionario coa sociadade e paradoxalmente tradicionalista no ámbito estético e moral".