A Consellería de Cultura anuncia que traballa nun plan a longo prazo para o sector e apoia unha reformulación das políticas culturais

Acordo no longo prazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Onte se reunían coa conselleira de Cultura Ánxela Bugallo os representantes da Iniciativa para a Reformulación das Políticas Culturais. Esta plataforma de artistas e intelectuais presentaban unha serie de liñas que, ao seu ver, son imprescindibles para desenvolver unha política cultural a longo prazo e que conte co sector para se pór en marcha. Logo da Xuntanza, Ánxela Bugallo asegurou que boa parte das propostas desta iniciativa formaban xa parte do programa no que está a traballar a Consellería, e adiantou que o seu equipo está a desenvolver un plan a dez anos vista coa intención de dinamizar este ámbito.

Máis información en El Ideal Gallego e en Vieiros

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Vieiros, Consellería de Cultura

Claves

Protagonistas