A Fundación Granell presenta a biografía do artista no décimo aniversario do seu pasamento

A biografía, os amigos, a memoria

A Fundación Granell celebraba onte un dobre aniversario. Por unha banda que se cumprían 93 anos do nacemento de Eugenio Granell e, pola outra, que a fundación leva dez anos traballando pola preservación da súa memoria. Coa efeméride deuse a coñecer a biografía do artista feita por Carlos Arias, editada dentro ca colección “A nosa memoria”, así como a exposición “O estudo e os amigos de Granell”, que estará aberta ata o 2006. Ademais, a filla de Granell e directora da fundación, Natalia Fernández, anunciou a próxima aparición das memorias do artista.

Máis información no web da Fundación Granell, en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego