Aínda que a UNESCO non declarou Patrimonio da Humanidade por, ser demasiado ampla e por fraxilidades no dosier, todo o traballo feito en prol desta candidatura non caeu en saco roto. O vicepresidente Anxo Quintana afirmou desde París, ata onde se desprazou para coñecer o veredicto da institución, que cómpre seguir co traballo emprendido e tentalo outra vez. As reaccións tampouco se fixeron esperar. Ánxela Bugallo non puido disimular a súa decepción mentres que o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, afirmou que é unha obra mestra que ten notas de identidade propias e singulares. Suso de Toro destacou que, malia non conseguir os obxectivos evidenciou a capacidade de acción da nosa xente. Pola súa parte o Partido Popular coida que a Xunta non fixo un esforzo suficiente. En todo caso, agora haberá que agardar dous anos ata que se volva iniciar o procedemento.
Máis información no noso especial e no sitio oficial da candidatura. Sobre as reaccións no web da Xunta e do Consello da Cultura Galega e na prensa: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión e Galicia Hoxe