A ministra de cultura, Carmen Calvo, visitará Vigo en xaneiro para asinar a inclusión do seu departamento no padroado do MARCO

O ministerio entra no MARCO

25/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) contará a partir do vindeiro mes de xaneiro cun novo patrón. O Ministerio de Cultura incorpórase ao padroado da Fundación que xestiona esta institución e para facer efectivo este acordo a ministra de Cultura, Carmen Calvo, visitará Vigo a mediados do vindeiro mes de xaneiro. O centro está a acoller estes días uns encontros nos que representantes de diferentes institucións reflexionan sobre como evoluíu a situación da arte contemporánea ao longo dos trinta anos de democracia.

Máis información en Faro de Vigo e no web do MARCO

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Ministerio de Cultura, Faro de Vigo