A artista Luz Darriba prepara unha nova acción artística reivindicativa para o día 25 de novembro e participa na revista Foeminas

Acción feminina

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O ano pasado cubriu a praza do Obradoiro cunha enorme colcha feita de retallos. Para o vindeiro vinte e cinco de novembro, Día Internacional pola Non Violencia Contra as Mulleres, esta artista galego-uruguaia, pretende expresar, mediante un mosaico xigante formado por luvas brancas e negras a violencia simbólica que a linguaxe exerce sobre as mulleres. Canda a este proxecto, a semana pasada presentábase a revista "Foeminas", unha nova publicación electrónica do Concello de Lugo dedicada ás cuestións de xénero que conta coa colaboración desta creadora no deseño.

Máis información en Galicia Hoxe e no web de Foeminas; máis sobre Darribanos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xénero, Concello de Lugo, Culturagalega...