As XII Xornadas de Banda Deseñada rematan mañá na Cidade das Burgas

Ourense: Unha semana de deseño pola banda

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Unha semana de lápices, cores e recadros rematará mañá sábado en Ourense logo de ter atinxido un grande éxito de público. Organizadas polo colectivo Phanzynex e a Casa de Xuventude da cidade, as dez exposicións, o cicle de cinema e as mesas redondas desta Festa Galega do Comic congregaron a un importante número de afeccionados á novena arte.

Reparto de exposicións


Foron varios os recintos da cidade que albergaron actividades das xornadas. Así, das dez exposicións organizadas o Museo Municipal acolleu catro con traballos feitos en Galicia ("Historia do Blues" , "Ustedes Perdonen" e "Cita en la Habana"). Pola súa banda, na Casa da Xuventude puidéronse observar orixinais de Miguel Anxo Robledo, unha selección de debuxantes portugueses e a Expofancines 2000, que amosa máis de 1.500 títulos de publicacións deste tipo entre outros.




Cinema e actividades

Dentro do ciclo que se veu desenvolvendo sobre cinema e banda deseñada destaca a longametraxe xaponesa "Perfect Blue", que se estrena no estado, e o corto de animación "Supermaño", de Alberto Calvo. Tamén estará aberto ata mañá o mercadiño de comics na casa da Xuventude. Outro dos puntos destacados destas xornadas foi a publicación do séptimo número do "O Fanzine da Xornadas", que inclúe obras de artistas nacionais e estranxeiros.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Banda deseñada, Cine, Cidade das Burgas...