A Consellaría de Cultura incrementa os seus orzamentos nun 17% e anuncia que gastará 48 millóns nas obras do monte Gaiás

Un 17% máis cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa se coñece a cifra exacta dos cartos cos que contará a Consellaría de Cultura para o ano que vén. Case 164 millóns oitocentos mil euros cubrirán os proxectos deste departamento para 2006, o que supón un incremento neto dun 17% a respecto do ano anterior. Entre os obxectivos básicos para este período, segundo sinalou a conselleira Ánxela Bugallo, está a programación do “Ano da memoria”, que inclúe a posta en marcha dun arquivo sobre a represión na guerra e no franquismo. Bugallo sinalou tamén que se destinarán 48 millóns, seis máis que no anterior exercicio a afrontar os “compromisos orzamentarios plurianuais das obras do Gaiás”, e que se destinarán 300.000 euros á posta en marcha da Hemeroteca do complexo. Finalmente, máis de dezasete millóns de euros irán para a rehabilitación e posta en valor de patrimonio histórico, cinco millóns irán para a promoción do audiovisual e algo máis de tres para arquivos e museos. Os cartos destinados á proxección da cultura galega no mundo pasan na ser máis do dobre e alcanzan nos 375.000.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Ánxela Bugallo, Guerra, Museos...