Vari Caramés é o gañador da IV edición do certame da Deputación de A Coruña "Luis Ksado" dotado con un millón de pesetas. Unha edición que este ano reúne na Coruña a fotoxornalistas da talla de Peter Marlow (da axencia Magnum) e a Chema Conesa (director da Colección de Fotógrafos Españoles) que dirixen un taller de fotografía.
Certame do 2000
Un total de 46 obras concurrían este ano a concurso, nesta IV edición dos certames Luís ksado. Un premio dotado con un millón de pesetas e que nesta edición recaeu no fotógrafo ferrolán afincado na Coruña Vari Caramés. A cualidade e a valía da súa serie de 12 instantáneas titulada Galicia Instamatic foi determinante para que este ano se alzase co galardón. Unha colección feita cunha Kodak Instamatica de afeccionado e coas que retrata unha visión persoal da costa, o interior a aldea e a cidade.
Actividades e actos
O fallo desta edición estivo acompañada por actividades organizadas en tres días. A resolución do gañador tivo lugar onte na Biblioteca Provincial antes de quese celebrase unha mesa redonda sobre Fotografía, exhibición e edición coa participación de Peter Marlow, Chema Conesa, Xurxo Lobato, Oliva María Rubio e Manuel López. Os actos seguen hoxe coa celebración dun taller que dirixirán os fotoxornalistas da Axencia Magnum e da Colección de Fotógrafos españoles. Mañá, ademais da entrega do premio, a Deputación tributará unha homenaxe ó fotógrafo de Muxía, Ramón Caamaño.
Ksado e Caamaño
Luís Casado Fernández, máis coñecido como Ksado, foi un dos mellores fotógrafos de Galicia. Nado en Ávila trasladouse moi novo a Ourense onde entraría en contacto coa fotografía da man do taller de Pacheco. A partires de aí aséntouse en Santiago onde desenvolveu a maior parte da súa actividade artística. Este ano, o IV certame de Ksado serve para que mañá no Teatro Colón se lle rinda unha homenaxe a Ramón Caamaño, fotógrafo de Muxía.