Educación abrirá os colexios despois do horario escolar para conciliar vida laboral e familiar

Cole despois do cole

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A conselleira de Educación compareceu onte no Parlamento Galego para explicar as liñas básicas da súa programación para o vindeiro ano. Ás medidas xa anunciadas para fomentar o coñecemento doutro idioma e o control de ferramentas informáticas, únese que os centros non pecharán ao remate da xornada escolar. Unha decisión que pretende conciliar a vida laboral e familiar e implica aumentar a dotación de persoal do centro e a oferta de actividades extraescolares. Ademais, revisarase a oferta de Formación Profesional eliminando os ciclos con menos demanda, destinaranse 337 millóns de euros ao plan de financiamento e reforzarase a política de bolsas.

Consulta a nota de prensa e o seguimento en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia...