Emilio Pérez Touriño anunciou o cumprimento de dúas das medidas sociais prioritarias no seu programa electoral. Por unha banda, a concesión de axudas para mercar ordenadores para “poder entrar na sociedade do coñecemento” e, pola outra, bolsas para que os alumnos de secundaria poidan aprender inglés no estranxeiro. Para o primeiro concederá axudas de 300 euros por familia, mentres que para o segundo a contÃa ascende a 1.000 euros por alumno, iso si, tendo en conta as rendas familiares. Esta medida, que ten un custe de tres millóns de euros anuais, está consignada nos Orzamentos da Xunta para o ano 2006.
Máis información en La Voz de Galicia , en El Correo Gallego e no Faro de Vigo