O pasado 22 de xullo, a Xunta outorgaba as dúas licenzas de televisión dixital terrestre autonómica ás candidaturas de La Voz de Galicia e a cadea COPE. Quedaba fóra a proposta conxunta do grupo FÃlmax, Saona e doce diarios galegos que acaban de presentar un recurso de reposición contra a resolución da Xunta. Nel solicitan, segundo publica El Correo Gallego, “a declaración de nulidade do acordo recorrido e a retroacción procesal para, de novo, e dentro do prazo máximo de adxudicación imposto polo prego, chegar a unha decisión que reintegre a seguridade xurÃdica vulnerada”. O recurso interposto contra a Xunta denuncia irregularidades no proceso de avaliación, na selección e nos cometidos dos membros da Comisión de Contratación, asà como o pagamento de 12.000 euros a Soluziona por un informe que non figura no expediente.
Máis información en El Correo Gallego