A sede da Fundación Caixa Galicia de Ferrol acollía onte a entrega da XXV edición dos Premios Esquío de Poesía. Desta volta Miguel Ángel Curiel fíxose co premio á mellor obra en castelán con Un libro difícil, mentres Os anos reportáballe a Martín Veiga o premio na categoría en galego. Cada un dos gañadores recibiu nove mil euros coma premio, mentres que Un argumento inacabado de Enrique Baltanás e Sete vagas, de Rafael lema, levaron cadanseu accésit.
Máis información en La Voz de Galicia, en La Opinión e en El Correo Gallego