É polémica vella ata onde se debe cantar o himno galego. Se durante os anos de goberno do PP empregouse unha versión reducida, que acaba cos versos “fogar de Breogán”, agora este partido reclama que se dea a coñecer a versión Ãntegra (ata “nazón de Breogán”). Pola súa banda, o BNG, defensor ata o de agora desta última forma de cantalo, reclama que se recupere o texto orixinal de Pondal, que posuÃa algunhas diferenzas léxicas. Este debate está a se producir no contexto da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento. Este órgano aprobou por unanimidade a proposta do Partido Popular de solicitarlle á Xunta que inicie unha campaña de promoción do himno e dos seus autores con ocasión do centenario da composición.
Máis información en La Voz de Galicia en Galicia Hoxe e en Vieiros ; a letra do himno no web da Xunta