Cultura e a Mesa achegan posturas para converter o audiovisual como vehículo de normalización lingüística

Estreas próximas e non tanto

Aínda que a dirección xeral de Comunicación Audiovisual depende de Presidencia mantén un unha “colaboración continua” con outras consellarías. Tendo en conta esta característica, a Mesa pola Normalización reuniuse onte coa Conselleira de Cultura para presentarlle unha serie de medidas que pretenden facer do audiovisual un vehículo de normalización lingüística. Entre elas figuraban esixir que dez filmes de éxitos sexan exhibidos nas salas de cine, peticións coas que a conselleira Ánxela Bugallo se amosou de acordo. Non foi a única novidade para o audiovisual galego, xa que estes días chegan ás carteleiras varias coproducións galegas, por unha banda “O desenlace” de Juán Pinzas (venres 7) e, pola outra “Sin fin” do coruñés Carlos "Pocho" Villaverde (martes 18).


Máis información sobre a xuntanza entre Carlos Callón e Ánxela Bugallo no web de A Mesa pola Normalización e sobre “Sin fin” en La Voz de Galicia e sobre “O desenlace” na súa ficha