Impulso TV é o nome da nova compañÃa publicitaria con capital integramente galego. A Corporación Caixa Galicia e Continental Producións son as encargadas de poñer en marcha este proxecto no que Softgal se encargará do desenvolvemento da plataforma tecnolóxica do proxecto, ademais de ofrecer servizos de asesoramento e soporte. A presentación oficial do proxecto terá lugar este martes no Centro On de Caixa Galicia.