O catro de outubro inÃciase a XVII edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Entre os autores convidados destacan Javier Olivares, Sonia Pulido ou Lorenzo Gómez. Canda a eles, David RubÃn, gañador dos certames “Castelao” e “Na vangarda” deste ano, completa as mostras que se poderán ver no Museo Municipal. Desde Portugal chega o Atelier Toupera, un grupo de autores do sur do paÃs. Unha exposición dos galegos que participan en “Mister K”, a retrospectiva de “BD Banda”, a feira da BD, presentacións, filmes e a entrega dos premios “Ourense” e “Na Vangarda” completan un nutrido programa. Esta fin de semana xa se poden ver as exposicións na Casa da Xuventude e no Edificio Politécnico, ademais das que están no museo.
Máis información en Mundourense.com e nas novas de BD