Un estudio afirma que os galegos son os que menos gastan en ir ó teatro

"En todos os sitios se cocen fabas"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Mañá celébrase o Día Mundial de Teatro. E por ese motivo a Sociedad General de Autores (SGAE) acaba de facer públicos os datos relativos ó gasto por comunidades neste tipo de espectáculos. Un informe que revela que os galegos son os que menos gastan en acudir ó teatro. E mentras tanto, continúan as representacións teatrais. Esta semana Pingallas leva a Poio a obra "En tódalas casas se cocen fabas"

Sobre o estudio

Sesenta e dúas pesetas. Esto é o que se gasta cada galego ó ano en acudir a unha representación teatral. Unha porcentaxe moi pequena que sitúa a Galicia moi por debaixo da media do estado español, unhas 436 pesetas. Por debaixo dos galegos están os estremeños (con 58 pesetas), e por riba o resto de comunidades capitaneadas polos madrileños (1.121 pesetas) e os catalásn (con 530 pesetas). Uns datos que acaba d efacer públicos á Sociedade General de Autores con motivo de que mañá se celebra o día internacional de teatro.


E outra representación

Á espera de que se fallen os premios máis prestixiosos do teatro galego, os María Casares, en Galicia continúan as súas representacións. E esta vez, teñen lugar en Poio, onde o grupo teatral Pingallas pon en escea "En tódalas casas se cocen fabas", unha obra de producción propia na que un grupo de mulleres deciden poñerse a traballar para gañar "uns cuartiños" e comezan a ver como a súa vida comeza a cambiar. A representación terá lugar o día 31 na Casa Rosada.

Que che parece esta nova?
6 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O recorte comeza polos libros

O recorte comeza polos libros

Un informe do Observatorio da Cultura Galega revela que as familias investiron 15.3 millóns menos en gasto en libros en 2012

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Poio, SGAE, María Casares...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares