A música leva ós auditorios máis xente que o teatro e a danza, segundo a SGAE

Datos, puntos e vagas

A música é a grande protagonista das artes escénicas representadas en Galicia no ano 2000. E así o puxo de manifesto un informe da SGAE dado a coñecer onte, en virtude do que as expresións musicais copan os eventos programados. Aínda que se revelan datos como que os galegos superarn en asistencia a concertos de música clásica ós madrileños e barceloneses, o número de espectadores descendeu en cen mil. Datos e datos que se suman ós da última vaga do EGM que revela un predominio de La Voz de Galicia en prensa e da Cadena Ser na radio.

Visitas ó cine, teatro e auditorios


Os datos do Anuario 2001 da SGAE revelan que en Galicia se deu un descenso considerable (100.000 persoas) das persoas que asisten os espectáculos escénicos. E dentro da xente que segue indo a este tipo de escenarios hai diferencias ostensibles entre eles.
Por exemplo estamos mal en teatro, cunha baixada do número de representacións, espectadores, e por consecuencia de recaudación. Unha situación semellante ó que acontece coa danza que conta con datos baixos tanto de presencia como de representación.
Polo contrario os datos máis positivos son os relativos á música.Así, aumentaron os asistentes á clásica, en parte porque o número de representacións tamén se incrementou. Con respecto a outras músicas, as estatísticas revelan un incremento da música folc en detrimento do pop e do rock.
Por último, os datos da SGAE tamén arroxan luz sobre a asistencia ás salas en Galicia, que comezan a recuperarse timidamente, pero quedan moi lonxe doutras comunidades como Catalunya ou Madrid.












E datos sobre prensa e radio


Coincidindo cos datos da SGAE estes días tamén se barallan outros números. Son os relativos á última vaga do Estudio General de Medios, que ofrece datos sobre consumo de medios de comunicación. Segundo ese informe a característica principal é un descenso no número de lectores de prensa.
Polo demais, o xornal máis lido segue a ser La Voz de Galicia, con 505.000 lectores (pero cun descenso do 3´3% dos lectores), seguido de lonxe polo Faro de Vigo cun 21´3% ( e cun descenso proporcional do 10%).
No que atende ós resultados radiofónicos, a tendencia apunta novidades dentro do panorama. En primeiro lugar a Cadena Ser segue sendo a emisora máis escoitada, seguido por Onda Cero Galiia, que pasa a ter 150.000 oíntes diarios. Un segundo lugar que lle arrebata á Radio Autonómica Galega que perde 11.000 oíntes. No respecto ó resto das emisoras, o EGm revela unha tendencia á alza de Europa FM.