Unha experiencia de BDs en 24h, o cine, a ausencia da expofanzines e o atraso de “APB Files” destacan nesta edición das Xornadas de Ourense

Novidades e faltas nas Burgas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Unha das novidades máis destacadas desta XVII Edición das Xornadas de Ourense é a convocatoria “BD 24 × 24”, na que se convida a colaborar aos autores do país no intento de realizar historias de vinte e catro páxinas en vinte e catro horas. Esta edición supón tamén o retorno do formato cine ao ciclo “Cinema e BD”, que o pasado ano se realizara en formato vídeo. Por segunda ocasión, está ausente das actividades a tradicional Expofanzines, e tamén acharemos de menos a anunciada presentación de “APB Files”. A obra que está a coordinar Emma Ríos terá que agardar a outra ocasión ante os compromisos laborais que está a desenvolver a autora a nivel internacional.

Máis información nas novas de BD

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Emma Ríos, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares