A publicación en homenaxe ao centenario de “Little Nemo” inclúe unha historia de Miguelanxo Prado

Miguelanxo Nemo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os cen anos dun clásico da banda deseñada como é “Little Nemo” levou a que tres editoras. Les Impresions Nouvelle de Francia, Coconino Press de Italia e Edicionós Sinsentido de España decidisen lanzar un álbum de homenaxe a esta mítica serie. “Little Nemo, 1905-2005: un século de soños” recolle historias dalgúns dos nomes máis importantes da novena arte a nivel mundial. Moebius, Otomo, Spiegelman, Schuitten, David B. ou Mattoti comparten páxinas co galego Miguelanxo Prado. A obra, que se presentará o vindeiro quince de outubro incluirá tamén unha serie de análises sobre o personaxe de Windsor McCay, elaborados por diferentes investigadores lingüísticos e sociais.

Máis información no web de Sinsentido e na ficha de Prado

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Banda deseñada, Culturagalega, Italia...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares