O Consorcio Audiovisual e Unifrance traen a Galicia a obra do carballinés José García

Segunda pel

29/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
José García naceu en O Carballiño, pero aquí é un descoñecido. Ou polo menos ata o de agora. Desde hoxe o Consorcio Audiovisual de Galicia e Unifrance, organismo encargado de difundir o cine francés polo mundo, organizan en Santiago e A Coruña un ciclo de cine para homenaxear a súa carreira. Porque José García é un actor reputado e recoñecido na cinematografía francesa, onde fai dúas ou tres películas anuais e onde vive desde que os seus pais emigraron. Neste ciclo de cine proxectaranse as películas máis destacadas da súa filmografía. Non será a única actividade prevista, xa que mañá recibirá a medalla de Ouro da súa localidade natal.

Máis información no web do Consorcio do Audiovisual

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ouro, Consorcio Audiovisual de Galicia, Carballiño...