Cine e mesas de debate centran a semana de cine arxentino que se celebra en Compostela

O retorno

14/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Logo de que Bos Aires acollera en decembro de 2003 unha “Semana de cine galego” chega o momento de darlle a volta. Isto será do 21 ao 23 de xaneiro cando se celebre a “Semana de cine Arxentino en Galicia”. A iniciativa, que se enmarca dentro do plan de internacionalización do audiovisual galego, acolle un ciclo de cine no que se proxectarán peliculas arxentinas non estreadas no noso país. Ademáis, productores e realizadores catalanes, arxentinos e galegos conversarán, en diferentes mesas redondas e encontros sectoriais, sobre as necesidades de coprodución. Unha actividade que coordina o Consorcio Audiovisual de Galicia.

Máis información no web do Consorcio

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Consorcio Audiovisual de Galicia, Bos Aires, Santiago de Compostela