As propostas para o verán 2005 chegan o xoves a Pontevedra

Roupa de verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cando aínda quedan comercios que venden roupa de verán, os deseñadores veñen a presentar o que vestiremos no seguinte. E ese escaparate non está nas rúas senón en Pontus Veteris, a pasarela pontevedresa que exhibirá este xoves 15 de setembro, as tendencias ideadas polas firmas galegas. Ás 20:00 horas as modelos posarán os deseños de Araújo Piel, María Mariño, Makari e Boxley e dúas horas máis tarde, ás 22:00, pasaranse os modelos de Florentino, Charoa, Montoto e Toypes. E para abrir boca, o Macuf acolle mañá unha mesa redonda sobre moda na que participarán Elio Berhanyer, Jesús del Pozo, Modesto Lomba, Antonio Pernas e Roberto Verino.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, María Mariño, María Mariño, Macuf...

Claves

Entidades
Lugares