Destacados historiadores estudan en Santiago cinco séculos de intercambio entre España e América

América de volta

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Analizar a interacción cultural entre América e España é o obxectivo do gran número de historiadores que participan, a partir de hoxe, no Simposio Internacional: “De ida y vuelta. América y España: los caminos de la cultura”, organizado pola Asociación Española de Americanistas. A educación e a cultura, a relixión, o intercambio nas relacións interétnicas, os espazos urbanos ou as embaixadas culturais derivadas dos exilios serán algúns dos temas tratados. O simposio comezará cunha conferencia de Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, ás 12 no Consello da Cultura Galega.

Máis información na Asociación Española de Americanistas

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con América, Xosé Ramón Barreiro, Educación, Consello da Cultura Galega...