A Asociación Cultural o Galo afonda na figura e obra de Chao Rego nun simposio

Chao e a súa homenaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Pouca xente pode contar que foi perseguida polo tribunal de opinión pública durante o franquismo con tanta ironía e bo humor como Xosé Chao Rego. O mesmo ton que empregou na súa obra e na súa vida e pola que agora a Asociación Cultural o Galo celebra desde hoxe un simposio no seu nome. Unha homenaxe que se integra dun proxecto co que a Asociación leva varios anos recuperando a figuras senlleiras da cultura galega. Marcial Gondar, Xosé Ramón Pousa, Siro López e Pilar Garcia Negro son algúns dos relatores que tentarán afondar na obra do ensaísta até o vindeiro domingo no salón de actos do Consello da Cultura Galega.

Consulta o programa no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Chao Rego, Xosé Ramón Pousa, Siro López, Marcial Gondar...