Unha retrospectiva de Xesús Vázquez canda a tres mostras internacionais marcan a programación do CGAC ata fin de ano

O vindeiro CGAC

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Catro novas exposicións que abrirán entre setembro e outubro marcan a programación do CGAC para os últimos meses do ano. As novidades comezan xa o un de setembro coa presentación do vídeo “The smokers” de Zilla Leutenegger. No final dese mes inaugurarase a mostra retrospectiva que o centro dedicará ao pintor galego Xesús Vázquez, e poucos días máis tarde poderán verse os traballos de Teresa Hubbard e de Alexander Birchier. A última grande novidade para o outono arrincará o vindeiro once de outubro coa mostra “Jim Hodges: This line to you”, que permanecerá aberta ata xaneiro.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Exposicións, La Voz de Galicia, El Correo Gallego...