Unha rolda de premios xornalísticos e literarios antes da lotería de Nadal

Premios antes da lotería

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) outorgou hoxe o Premio Xornalístico Diego Bernal, que correspondeu nesta edición a Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente de "La Voz de Galicia". Pola súa banda, Francisco Rozados Rivas recibiu onte o Premio de Narrativa Camilo José Cela pola súa obra "Unha campá na congostra de Rebordechao". Outro premio recente foi o Modesto R. Figueirido, que obtivo o escritor Álvaro Lago coa súa obra "O crime do Pombal".

Xornalistas

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG), fixo público o fallo do Premio Xornalístico Diego Bernal, que recaeu en Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente de "La Voz de Galicia" pola súa aportación á actividade xornalística e á comunicación.
É a primeira vez que o galardón desta asociación recibe o nome de Diego Bernal, cofundador do colectivo que faleceu recentemente. Con este premio preténdese recoñecer a traxectoria dos profesionais relacionados co mundo do xornalismo, tanto coma directivos, coma traballadores ou coma empresarios.
A entrega do premio efectuarase o vindeiro vintacatro de xaneiro, día de San Francisco de Sales, patrón dos xornalistas. Ese mesmo día realizaranse actos de homenaxe a Diego Bernal, entre eles a inauguración dunha rúa co seu nome.













Literatos


Francisco Rozados Rivas reacolleu onte en Padrón o Premio de Narrativa Camilo José Cela que obtivera hai dous meses coa súa obra "Unha campá na congostra de Rebordechao".
É a quinta vez que este premio, dotado dun diploma e un cheque de dúascentas cincuenta mil pesetas, recae nun autor galego das doce ocasións en que ten sido convocado.
Pola súa banda, Álvaro Lago obtivo o pasado sábado o premio Modesto R. Figueirido de relato curtocoa súa obra "O crime do Pombal".
Esta obra, de xénero negro, foi premiada con cen mil pesetas e é, segundo autor, unha homenaxe á Compostela da súa infancia, e baséase na historia "tantas veces lida nos xornais" do home que mata á súa muller e despois queda libre por irregularidades legais.