Alfonso Sánchez Izquierdo faise co premio Diego Bernal mentres os Amigos dos Pendellos homenaxean o galego exterior

Galardón de escrita, galardón de lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O director de "La Región", Alfonso Sánchez Izquierdo, fíxose co X Premio Diego Bernal de Xornalismo que entrega anualmente a Asociación de Periodistas de Galicia. O galardón recoñece, segundo a asociación a "dilatada vida profesional" do xornalista e o seu labor dirixindo o rotativo ourensán. Pola súa banda, a asociación de Amigos dos Pendellos outorgou o seu primeiro premio Pendello de Prata a Domingo Frades, presidente da Asociación Fala e Cultura de Cáceres, en recoñecemento do traballo que fai este colectivo pola defensa do galego estremeño. O acto, que contará coa presenza doutros representantes do galego exterior, celebrarase nos pendellos de Agolada o día catorce de novembro.

Máis información sobre o Diego Bernal en La Región e no web da CRTVG

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, La Región, Xornalismo, Cáceres...