Santiago é a cidade galega máis cinéfila

GRÁFICO: As cidades máis cinéfilas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Santiago ten fama de ser a cidade na que máis se vai ao cinema. Entre outras cousas, porque é unha cidade universitaria ou porque é o lugar no que existe unha maior oferta cinematográfica. Pero esa é a teoría ¿que pasa na práctica?

Fonte: Libro "Audiovisual Galego 2003". Editado pola Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

As sospeitas confírmanse e Santigo é a cidade máis cinéfila de Galicia, ou é a que ten a taxa anual de asistencia máis alta (cun 6.1%). Séguelle, segundo os datos facilitados no libro "Audiovisual galego 2003" que edita a Consellaría de Cultura, Lugo cun 4.7 case alcanzado polo 4.2 de Pontevedra. É curioso o caso de Ferrol, que malia ser a comarca con maior número de pantallas (1.5 por cada 10.000 habitante) ten a taxa anual de asistencia máis baixa (un 1.9%) do municipio.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Turismo, Culturagalega, Ferrol...

Claves

Entidades
Conceptos