O Festigal ofrecerá unha ducia de presentacións de libros e dezanove autores asinando as súas obras

Galería de Letras

21/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O programa do Festigal deste ano contempla a celebración dunha “Galería das Letras” pola que desfilen durante os dous días do evento numerosos representantes do sector literario. Posto de librarías e editoriais, presentacións de libros e revistas, autores asinando as súas obras e recitais vertebran este programa literario dos días 24 e 25 no Campus Sur compostelán. Asinarán as súas obras, entre outros, Anxos Sumai, Kiko da Silva, Xavier Queipo, Rosa Aneiros, Carlos Quiroga e Sechu Sende. Presentaranse libros de Xerais, AGAL, Laiovento, Biblos Clube, Eneida. Nos recitais poderá escoitarse a obra de Claudia Castro, Carlos Negro, Rafa Villar, Marta Dacosta ou María Lado entre outros.

Máis información no sitio web do Festigal 05

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Marta Dacosta, Rosa Aneiros, Carlos Negro...