A XXI Feira do Libro de Vigo acadou un vinte por cento máis de vendas que a do pasado ano

Libreiros satisfeitos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A falta de datos definitivos de todas as feiras do libro galegas o presidente da agrupación viguesa da Federación de Libreiros cualificou a clausurada trixésimo primeira feira como “unha das mellores do últimos anos”. Arximiro Blanco tamén estimou que o nivel de vendas aumentou nun vinte por cento respecto ao ano anterior e destacou a alta participación do público en todas as actividades da feira e a afluencia continua aos postos. Blanco lamentou a falta de axuda institucional por parte do Concello á feira, que contou cun orzamento de 24 mil euros sen que o Concello de Vigo puxese nada. Os títulos que máis demanda tiveron foron “La sombra del viento”, “O Código da Vinci”, “Anxos e demos”, “Outra idea de España”, de Suso de Toro e “Recordando os Tranvías de Vigo”, de Antonio Giráldez Lomba.

Máis información en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Suso de Toro, Concello de Vigo, Faro de Vigo

Claves

Protagonistas
Lugares