Editores e libreiros veñen de protestar publicamente contra o modelo público de gratuidade do libro de texto e contra as prácticas comerciais dalgunhas grandes superficies de facer ofertas sobre dos libros escolares establecendo importantes descontos que incumpren co prezo fixo do libro. Vendo o peso do libro de texto na edición en galego, 30.2 %, compréndese o apuro no sector.
Fonte: Axencia Española do ISBN (2004)
En 2004, segundo a Asociación Galega de Editores, se publicaron en galego 1.849 títulos, o que supón un incremento do 14% respecto ao 2003, aínda que se produciu un descenso da facturación de ao redor dun 10%, e unha redución nas tiraxes (sobre 1.000 exemplares). As empresas privadas editaron o 90% dos libros en galego fronte a o 10% da edición pública. Nas cifras da edición por temáticas resulta claro que a importancia que agora mesmo teñen as publicacións dedicadas ao estudo, sobre todo o libro de texto, condicionan enormemente a viabilidade empresarial e económica do sector do libro ante situacións como o prezo fixo ou a gratuidade do libro nas escolas. Destaca tamén cun 19% a edición de libros para o mercado infantil e xuvenil, que deixa ver ás claras a puxanza da creación literaria dirixida ao público máis novo.

Máis información sobre a edición na Asociación Galega de Editores
Consulta o noso Tema sobre A Mesa do Libro
Reportaxe sobre o debate dos Problemas da gratuidade
O noso Tema sobre o informe do Mapa de Librarías