Morre en Vigo con 85 anos o libreiro e escritor coruñés Antón Patiño

Memoria de ferro

7/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Antón Patiño finou onte en Vigo logo dunha enfermidade que impediu que asistira a diversos homenaxes que se celebraban arredor da súa figura nos últimos tempos. Este escritor rexentaba desde 1967 a librería Librouro, que foi centro do activismo cultural da cidade olívica na que se venderon libros prohibidos polo réxime franquista. Amigo de Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín foi un destacado galeguista. O seu enterro será esta tarde no cemiterio municipal de Monforte logo de que se celebre unha misa funeral ás 18:00 horas na igrexa Parroquial de Régoa na localidade lucense.

Máis información en El Correo Gallego e en Vieiros

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Patiño, Vigo, Vieiros, Álvaro Cunqueiro...