As principais orquestras galegas dedican a maior parte da súa programación a compositores estranxeiros

Gráfico: Compositores no repertorio das orquestras de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Nesta edición do Festival de Música de Galicia, estreouse unha obra de Rogelio Groba (Pontevedra, 1930) composta para flauta, oboe, clarinete, fagot e cordas. Era unha estrea mundial que supuña ver interpretada unha obra puramente galega. Pero este non é un feito moi habitual no panorama musical. Pasen e escoiten.


Fonte: Fundación Autor. Elaboración: Culturagalega.org Durante cinco anos, a Fundación de Autor (dependente da SGAE) estivo analizando as temporadas de abono das principais orquestras galegas. O resultado foi unha radiografía do tipo de música interpretada por ambas formacións. En ambos casos, a maior parte do seu repertorio son compositores estranxeiros, mentres que os españoles ocupaban porcentaxes moi baixas (un 16.2% para a OSG e un 8.5% da Real Filharmonía). Pero se ollamos para o que acontece cos músicos galegos, as porcentaxes descenden ata mínimos. Un 2.4% para a Orquestra Sinfónica e un 2.6% para a Real Filharmonía.

Máis información sobre o Reperterio galego Consulta o noso tema do día sobre os Compositores galegos Web da Asociación de Compositores Galegos Tema do día sobre Corpus de música gallega de Arte Tripharia Descubre dous Corpus de música gallega Reportaxe sobre a Fundación Reveriano Soutullo

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rogelio Groba, Culturagalega, Pontevedra, Fundación Autor...

Claves

Protagonistas
Lugares