Mundos Dixitais pecha esta edición advertindo que a animación abre novas fórmulas narrativas

Historias animadas

4/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Habitualmente pénsase na animación como un xénero específico para rapaces. Pero na edición de Mundos Dixitais que rematou o domingo na Coruña evidenciouse que é un xénero vivo que ten moito camiño por diante. Entre os conferenciantes estaba Chris Landreth, unha das referencias do mundo de animación e creador do “documental de animación”, unha nova variante que combina imaxes animadas en tres dimensións con imaxes reais. Landreth, gañador do Óscar á mellor curta nesta categoría, recibiu o premio especial do encontro advertindo que a animación permitirá no futuro abrir novas vías narrativas.

Máis información no web de Mundos Dixitais

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Xénero, Documental, A Coruña

Claves

Lugares