Aude e Carlos de Carvalho e Jori Cristiaens premiados nesta edición de Mundos Dixitais

O xurado recoñeceu a traxectoria profesional de Félix Bergés

8/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Esta fin de semana pechou as súas portas na Coruña a duodécima edición do festival Mundos Dixitais, un referente de animación, efectos especiais e aquitectura dixital. Un encontro que esgotou as entradas en boa parte das actividades do programa, dando conta da demanda desta actividade. Como ben sendo habitual, a clausura coincidiu coa entrega de premios. A curtametraxe Premier Automne, de Aude e Carlos de Carvalho, recibiu dous premios: mellor curta de animación e o premio especial do xurado. En Beerbug, de Ander Mendía recaeu o premio a mellor curta nacional e o publico concedeu o seu premio a 850 meters de Jori Cristiaen. O premio especial de Mundos Dixitais foi para Féliz Bergés, pola súa carreira profesional como creador de efectos especiais, entre eles Lo imposible, filme do que falou nesta edición.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares