Ponse en marcha a IX edición de Mundos Dixitais

Ábrese o prazo de presentación de traballos na sección competitiva

É unha das citas de referencia no campo da animación, efectos especiais, videoxogos e arquitectura dixital. A IX edición de Mundos Dixitais xa está en marcha coa apertura (ata o 25 de maio) do prazo de presentación de solicitudes para a súa sección oficial nas catro categorías a concurso: mellor curtametraxe de animación, mellor curtametraxe de animación nacional, premio especial do público e premio especial do xurado. De momento, o web oficial do certame non achega máis información sobre o programa (desde as conferencias ata as xornadas profesionais para recrutar persoal) ou os patrocinadores deste encontro que se desenvolverá entre o 4 e o 7 de xullo na Coruña. A única pista sobre a temática desta edición, figura no Facebook corporativo que asegura será “unha edición aterradora”.

Ligazóns