Mundos Dixitais falla os seus premios de animación

Johannes Weiland gaña o premio á mellor curta internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de The little boy and the beast

Fotograma de The little boy and the beast

Esta fin de semana falláronse os premios do IX Festival Internacional de Animación Mundos Digitales na Coruña. A mellor curtametraxe de animación internacional foi para a alemana The little boy and the beast, do director Johannes Weiland. A mellor curtametraxe de animación española foi para Alma, de Rodrigo Blaas e o premio especial do xurado foi para a francesa Get Out, dos directores Boisson, Fourvel, Han-Kwan, Roche e Reinarz. O xurado estivo composto por Robin King, de Imagina Corporation, Antonio Durera, de Milímetros Dibujos Animados, Daniel Martínez, de PepeLand, e Antonio sanjuán, da Universidade da Coruña.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Universidade da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares