Ourense convírtese na sé dunha galería artística para acoller unha nova edición do Outono Fotográfico. Unha mostra que celebra a súa maioría de idade con exposicións, cursos e conferencias. Un total de 57 actividades programadas que concentrarán nas 17 vilas que se celebra a mostra a profesionais, artistas e afeccionados.
Maioría de idade
Van xa 18 edicións dende que en 1983 se iniciara esta mostra. Das 4 exposicións na cidade de Ourense pasouse a 57 actividades que atenden a exposicións individuais e colectivas, cursos, proxeccións de diaporamas, cine e fotografía, un concurso e encontros con fotógrafos diseminados por diferentes vilas e cidades. Unha multiplicación dos actos que afianza aínda máis un certame consolidado. Entre as novidades este ano destaca a presencia de Tui acollendo unha mostra sobre a evolución da moda a través do modisto Roberto Verino.
A mostra que arranca o martes en Ourense onde a titular de Familia, Manuela López Besteiro, entregará os premios do primeiro concurso galego de imaxe artística- Xuventude 2000.
Novos valores
Ó lado de clásicos como Henry Cartier-Bresson, ou coñecidos profesionais como Martine Franckfurt, membro da axencia Magnum e esposa de Cartier, están fotógrafos nóveles. Mozos que se agrupan no outono fotográfico logo de pariticpar en exposicións colectivas como galicia en Fotco, Certamen Fotografía de Medio Ambiente, ou o Certame de Fotografía do Injuve. Mostras colectivas que certifican a presencia xuvenil da rede.
Complementos
Ás tradicionais exposición e mostras colectivas e individuais engádenselle este ano varios cursos que van dende a iniciación ata o laboratorio fotográfico. Ademais, coñecidos fotógrafos galegos, Vari Caramés, Richard Terré e Xulio Villariño conducirán os talleres e conferencias nos "Encontros no outono".