Vilas Dixitais recibe apoio económico da Deputación da Coruña mentres se anuncia unha distribución estradense de Linux

Programas para as vilas

A deputación da Coruña outorga noventa mil euros ao desenvolvemento do proxecto Vilas Dixitais no Concello das Pontes. Estes cartos destinaranse á formación de cidadáns en tecnoloxías da información e da comunicación e á creación de puntos de conexión na zona. Ademais, o organismo provincial iniciará unha cosultaría sobre a situación da sociedade da información na provincia. Simultaneamente outra das vilas integradas neste proxecto, A Estrada, anuncia que distribuirá de balde unha versión propia do sistema operativo Linux que incluirá un plan de formación para os usuarios. Ademais, os responsables deste proxecto no lugar anuncian que están a traballar na creación dun portal para o sector agroalimentario.

Máis información en La Opinión, en Diario de Ferrol e en Faro de Vigo