"O Señor dos Aneis". "As mil e unha noites".Unha colección de cento vinte clásicos da literatura galega por un euro cada un. E moitos títulos novos. O outono vén cargado de novidades editoriais entre as que se inclúen títulos básicos por fin traducidos á nosa lingua.
Clásicos no noso idioma
Unha das noticias máis destacadas do mundo editorial este outono é sen dúbida a publicación en galego dun dos libros máis vendidos en todo o mundo, "O Señor dos Aneis" de J.R.R. Tolkien. Coincidindo coa vindeira estrea do filme correspondente, Xerais edita o primeiro volume dos tres que compoñen esta obra. O libro está raducido por Moisés R. Barcia, que tamém se encargou da traducción de "O hobbit" e está incluido na colección "Fóra de Xogo".
Outro clásico que chega ó noso idioma son os "Contos das 1001 noites", nunha edición que tamén no strae Xerais. Esta obra, como é habitual na maior parte das edicións, non está completa, senón que é unha selección realizada por Juan Tebar e traducida por Carmen Torres. Etnre as historias que se poderán ler agora no noso idioma están algunhas tan coñecidas como a de "Aladino" o ou "Alí Babá e os 40 ladróns" entre outras.
Letra pequena
Pero as novidades non rematan aí. Seguindo con os traballos para os máis novos, desde Xerais completa a súa oferta con dous novos títulos da serie "O cabalo buligán", relatos adaptados da tradición oral e recollidas por Xosé Miranda e Carlos Reigosa. Tamén vén de saír á rúa "A merla de trapo", libro de antón cortizas que gañou a última edición do premio Merlín. "Un tren cargado de misterios", de Agustín Fernández Paz, "A rebelión dos coellos máxicos" de Ariel Dorfman e "Ith" de Silvestre Gómez Xurxo completan as novidades da editorial viguesa para os máis pequenos.
Neste eido, as outras editoriais no fican atrás e así Kalandraka ofrécenos novos títulos en varias da súas coleccións. "Moncho e a mancha", un conto ilustrado e escrito por Kiko da Silva sobre a relación dos nenos coa arte abstracta preséntase onda "Aquel neno e aquel vello", de velino Hernández dentro da colección "Demademora". Xa noutas coleccións temos o clásico de Janosch "Imos buscar un tesouro" e "Voar de noite" de Randall Jarrell.
Desde Sotelo Blanco chégannos "María triángulo", de Ana Pontón e Lino Braxe, "Eu, coma sempre", de Cándido Casal" e "Ciclo Bis" de David Durán, e na colección "Árbore" de Galaxia preséntase "Ten, ten, a miña casa ten..." de Xoan Babarro.
Pola súa banda, Ir Indo presenta unha novas versión de "A ratiña presumida" escrita por Francisco Castro e ilustrada por Miriam Klug. Onda este libro, chegan outros coma "A estrela Volarina na torre" de Ana Alfaya, "A goma de borrar que falaba" de Carmen Carballo ou "Os ladróns de tixolas", de Xosé Antonio Perozo.
Un libro, un euro
Segundo anuncia hoxe "La Voz de Galicia", o xornal iniciará en xaneiro do 2002 unha oferta que consiste en presentar dous clásicos da literatura galega casa semana a un prezo dun euro cada un. Esta iniciativa, que xorde dun convenio asinado polo Grupo Voz coas principais editoriais galega, acadará os 120 títulos, número que coincide cos anos de existencia do xornal.
A oferta iniciarase coa posta á venda de "Follas novas" e do primeiro volume de "Sempre en Galiza" o seis de xaneiro próximo, e continuará a razón dun volume cada martes e outro cada xoves, ademais de entregas especiais coincidindo con datas coma o Días das Letra Galegas ou o Día da Patria.
A colección estará composta por trinta e seis novelas, vintecinco libros de relatos, sete obras para o público infantil ou xuvenil, trinta e cinco libros de poesía, oito de teatro, cinco de ensaio, dous de etnografía e un de viaxes. A relación completa de autores e de obras aínda non se fixo pública, aínda que a editorial promete "gran presencia de autores vivos da man de todos os nosos clásicos históricos".