O Senado solicítalle ao Goberno que achegue 750.000 euros para apoiar a actividade da Real Academia

Números académicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A celebración do centenario da Real Academia Galega no ano 2006 foi o principal argumento que levou ao Senado a apoiar esta institución solicitándolle ao Goberno unha partida orzamentaria de 750.000 euros. Estes cartos repartiranse entre o acondicionamento da sede da rúa Tabernas e a organización de diferentes actividades. A Cámara alta aprobou por unanimidade a moción que neste sentido presentou a senadora do PP Mercedes Gallego, quen solicitou ao Goberno que apoie a actividade da RAG.

Máis información nas edicións de hoxe de La Opinión e de Atlántico Diario

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, La Opinión, Atlántico

Claves

Lugares